Beleza vermella / Arantza Portabales
por Portabales Santomé, Arantza [autor/a]; Portabales Santomé, Arantza.
Tipo: LibroSeries: Literaria ;387.Editor: Vigo :Galaxia ,2019 Edición: 1ª ed, 2ª impr.Descrición: 424 p.ISBN: 9788491513179.Materia(s): Literatura galegaResumo: Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. Será que matar pode ser unha forma de arte? Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, paixón sen control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela negra galega contemporánea. Lista(s) nas que aparece este ítem: Ciclo Intriga (Outubro 2023)
Logo do éxito de Deixe a súa mensaxe despois do sinal, regresa Arantza Portabales cunha novela negra arrasadora. En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. Será que matar pode ser unha forma de arte?
Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, paixón sen control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela negra galega contemporánea.