Normal view MARC view ISBD view

Música para os días do inverno / Pablo Nogueira

by Nogueira, Pablo 1987- [Author].
Type: materialTypeLabelBookSeries: (Narrativa (Laiovento) ; 385).Publisher: A Coruña : Laiovento , 2020 Description: 117 p. ; 21 cm.ISBN: 978-84-8487-480-5.Subject(s): Vida cotiá -- Novelas | Posguerra -- Novelas | Dictadura -- Novelas | Represión política -- NovelasAbstract: Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acre ao tempo. O rexoubo dun soño a pique de esmorecer e a esperanza dunha nova vida, secundada polas inevitables ansias dun progreso negado pola posguerra e a represión, viste de lembranzas ás palabras que toman o protagonismo nestas páxinas. A música eríxese coma unha especie de leitmotiv que soa de fondo, versando sobre á prohibición por parte das férreas tesoiras da censura de determinados estilos como o jazz provinte de latitudes norteamericanas, chegando a considerar os seus ritmos como algo propio da poboación afroamericana e polo tanto, unha música propia do mesmo demo. A deslexitimización do emprego do idioma galego no ensino por parte de franquismo ou a actividade incesante producida nalgunhas vilas galegas, coa explotación do cobizado volframio para abastecer ao réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, tamén se converten en pezas esenciais do crebacabezas no que por veces semella converterse este relato. A memoria histórica e a dignidade das persoas que foron represaliadas polo torgo das súas ideas, son postas en valor a xeito de sentida homenaxe, nunha narración onde a historia e o presente se conxugan nestas páxinas nas que aniña a intriga. List(s) this item appears in: Lecturas vacacións de inverno
    average rating: 0.0 (0 votes)
No physical items for this record

Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acre ao tempo.
O rexoubo dun soño a pique de esmorecer e a esperanza dunha nova vida, secundada polas inevitables ansias dun progreso negado pola posguerra e a represión, viste de lembranzas ás palabras que toman o protagonismo nestas páxinas.
A música eríxese coma unha especie de leitmotiv que soa de fondo, versando sobre á prohibición por parte das férreas tesoiras da censura de determinados estilos como o jazz provinte de latitudes norteamericanas, chegando a considerar os seus ritmos como algo propio da poboación afroamericana e polo tanto, unha música propia do mesmo demo.
A deslexitimización do emprego do idioma galego no ensino por parte de franquismo ou a actividade incesante producida nalgunhas vilas galegas, coa explotación do cobizado volframio para abastecer ao réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, tamén se converten en pezas esenciais do crebacabezas no que por veces semella converterse este relato.
A memoria histórica e a dignidade das persoas que foron represaliadas polo torgo das súas ideas, son postas en valor a xeito de sentida homenaxe, nunha narración onde a historia e o presente se conxugan nestas páxinas nas que aniña a intriga.

Powered by Koha