Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A orde do día / Éric Vuillard

por Vuillard, Éric [autor/a]; Veres Gesto, Antía [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Faktoría K , 2018 Edición: 1ª ed.Descrición: 115 p. ; 21 cm.ISBN: 9788416721238.Materia(s): Novela histórica | Segunda Guerra Mundial | Nazismo | EsquecementoRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: A acción remóntase a unha fría mañá de febreiro de 1933, nos primeiros compases do Terceiro Reich, cando Hitler se erixe en primeiro canciller alemán e -canda Hermann Göring, destacado membro do Partido Nazi- se reúne en secreto no Reichtag, a sede do parlamento alemán, con 24 directivos de empresas como Krupp, Opel, Siemens, Telefunken, Bayer ou Allianz para pedirlles que apoien economicamente a campaña do nacionalsocialismo de cara ás eleccións lexislativas que se celebrarían en marzo. A cambio da axuda para facerse co absoluto control do goberno, ofréceselles orde, traballo, represión sindical e enormes beneficios económicos. Ningún deles rexeita a proposta.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CIFP Portovello
Sala préstamo
82-3G VUI ord 1 Dispoñible OER002000009775

A medio camiño entre a ficción e o relato histórico, “A orde do día” ten como trasfondo a anexión alemana de Austria-Anschlussen 1938 e a Segunda Guerra Mundial, coa chegada previa de Adolf Hitler ao poder cinco anos antes e o apoio dos potentes industriais alemáns á maquinaria de guerra nazi.

Paralelo á narración histórica, Éric Vuillard fai unha análise crítica e irónica dos acontementos, que tanto marcaron o devir actual. Tamén chama a atención sobre o factor do esquecemento, en tanto esas grandes corporacións colaboracionistas co rexime -que fixeron negocio coa contenda e usaron man de obra escrava nas fábricascontinúan producindo “os nosos coches, as nosas lavadoras e os nosos produtos de limpeza”, afirmou o autor. Non só non perderon, senón que esas marcas seguen presentes nas nosas vidas. As persoas pasan, pero os grandes capitais perduran.

Trátase dunha novela cun ton intensa, onde nada é accesorio. No proceso de documentación, Vuillard recorreu a imaxes de arquivo, películas de propaganda nazi, documentos e transcricións cos xuízos de Nuremberg. Os episodios baseados na realidade mestúranse con anécdotas protagonizadas por personaxes anónimos, dotando a obra dun carácter versátil.

“O mundo de hoxe é radicalmente distinto ao dos anos 30, mais as coordenadas parécense: somos testemuñas dun ascenso da autoridade e do racismo, da forte influencia das finanzas e dun empeoramento das desigualdades”, advirte o autor.

A acción remóntase a unha fría mañá de febreiro de 1933, nos primeiros compases do Terceiro Reich, cando Hitler se erixe en primeiro canciller alemán e -canda Hermann Göring, destacado membro do Partido Nazi- se reúne en secreto no Reichtag, a sede do parlamento alemán, con 24 directivos de empresas como Krupp, Opel, Siemens, Telefunken, Bayer ou Allianz para pedirlles que apoien economicamente a campaña do nacionalsocialismo de cara ás eleccións lexislativas que se celebrarían en marzo. A cambio da axuda para facerse co absoluto control do goberno, ofréceselles orde, traballo, represión sindical e enormes beneficios económicos. Ningún deles rexeita a proposta.

Adultos/as

Coa tecnoloxía Koha