Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Ler o mundo : experiencias de transmisión cultural de hoxe / Michèle Petit ; tradución, Fernando Moreiras

por Petit, Michèle [autor/a]; Moreiras, Fernando (1976-) [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2018 Descrición: 179 p. ; 22 cm.ISBN: 9788484644125.Títulos uniformes: Lire le monde. Galego.Materia(s): Animación á lectura | Animación a la lectura | Libros e lectura | Libros y lecturaResumo: Michèle Petit fai unha reflexión a prol da literatura e da arte, en todas as súas formas, coa intención de que chegue a formar parte da nosa vida cotiá, especialmente na das rapazas e rapaces. «Ler o mundo» nace como un acto de rebeldía ao comprobar que a lectura estase a converter nun instrumento para conseguir rendabilidade inmediata, como se a utilidade fose a súa única razón de ser. Porque a literatura -oral e escrita- e a arte serven para que entre a realidade e cada persoa exista un tecido de historias, fantasías e coñecementos. Sen esa bagaxe, o mundo sería insoportable. Coa narración de experiencias entre os libros e as palabras, a autora desmonta prexuízos culturais infundados, incita a reflexionar e a intercambiar opinións. Hai moitos anos que Michèle Petit imparte conferencias e talleres por todo o mundo achegando respostas e propostas ante preguntas recorrentes: Para que serve ler? Como transmitir o pracer da lectura? Cales son as estratexias para transmitir o gusto pola lectura e polas prácticas culturais? Que relación se establece entre a lectura en papel e os soportes dixitais? Nesta obra están as pegadas, sinais e mapas que permiten descubrir un novo espazo: o acto de ler como a creación dun mundo máis habitable. O obxectivo, explica Michèle Petit, “é forxar unha arte de vivir o cotián que fuxa da obsesión pola avaliación cuantitativa; é chegar a compoñer e conservar un espazo distinto poñendo a énfase no xogo, o encontro poético, a curiosidade, o pensamento, a exploración de nós mesmos e do que nos rodea”.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CIFP Portovello
Sala préstamo
371.3 PET ler Dispoñible OER002000010584

Michèle Petit fai unha reflexión a prol da literatura e da arte, en todas as súas formas, coa intención de que chegue a formar parte da nosa vida cotiá, especialmente na das rapazas e rapaces. «Ler o mundo» nace como un acto de rebeldía ao comprobar que a lectura estase a converter nun instrumento para conseguir rendabilidade inmediata, como se a utilidade fose a súa única razón de ser. Porque a literatura -oral e escrita- e a arte serven para que entre a realidade e cada persoa exista un tecido de historias, fantasías e coñecementos. Sen esa bagaxe, o mundo sería insoportable. Coa narración de experiencias entre os libros e as palabras, a autora desmonta prexuízos culturais infundados, incita a reflexionar e a intercambiar opinións. Hai moitos anos que Michèle Petit imparte conferencias e talleres por todo o mundo achegando respostas e propostas ante preguntas recorrentes: Para que serve ler? Como transmitir o pracer da lectura? Cales son as estratexias para transmitir o gusto pola lectura e polas prácticas culturais? Que relación se establece entre a lectura en papel e os soportes dixitais? Nesta obra están as pegadas, sinais e mapas que permiten descubrir un novo espazo: o acto de ler como a creación dun mundo máis habitable. O obxectivo, explica Michèle Petit, “é forxar unha arte de vivir o cotián que fuxa da obsesión pola avaliación cuantitativa; é chegar a compoñer e conservar un espazo distinto poñendo a énfase no xogo, o encontro poético, a curiosidade, o pensamento, a exploración de nós mesmos e do que nos rodea”.

Coa tecnoloxía Koha